Linda está moi triste porque é máis pequena que as outras ovellas e Rafa porque é un tipo grande.
As aventuras dun pequeno canguro motorizado e os seus amigos
Nina quere comer unha mazá, pero non chega á copa da árbore.
Tutu e os seus amigos queren tocar as nubes e piden axuda a Fante.
Tutu e os seus amigos ensinan a Nina un novo xogo: os acochos.
Rafa ten un novo amigo moi especial, pero a Tutu non lle gusta moito.
É de noite e Tutu e Rafa miran a lúa.
Chegou o outono e o bosque está cheo de cousas deliciosas que Tupa vai cociñar.
Tutu, Rafa e Nina chegan ao outeiro de Fante e atopan algo fantástico: unha caixa de regalo!
Rafa mancouse nunha patiña e non pode xogar, pero Tupa atopa un xeito de animalo.
Tutu colle sen permiso o novo lazo de Fante e mánchao accidentalmente.
Tutu non o pode crer! Cando fala, outra voz repite o que di. Haberá outro Tutu no val?
Tutu e Rafa están moi sorprendidos: a unha árbore caéronlle as follas!
Fante pintou un cadro da avoa Tupa.
Tutu e os demais están aburridos, así que deciden imaxinar o que serán cando sexan maiores.
A pequena Nina non quere durmir e Tupa xa non sabe que facer.
Fante ensínalles a Tutu e a Rafa as cores deste fenómeno tan chulo.
Vai un día estupendo e Tupa ten unha idea xenial para gozar ao aire libre: un pícnic!
Rafa e Tutu queren ver o amencer, pero sempre quedan durmidos ata tarde.
Tutu e Rafa son moi bos patinando, mentres que Linda nunca usou patíns.
Nina vai participar nun concurso de sombreiros e fixo un precioso e moi vistoso.
É verán e vai moita calor, así que Tupa prepáralles aos nenos unha merenda moi fresquiña.
Tutu e Rafa xogan a tirarse polo prado cheo de flores, pero de súpeto, Rafa comeza a esbirrar.
Tutu ten un novo globo e el e os seus amigos buscan unha forma orixinal de xogar con el.
Tutu e Rafa decidiron mesturar dous deportes: o golf e o baloncesto.
Hoxe os nosos amigos teñen moitas ganas de bailar.
Fante confíalles aos nenos algo moi apetitoso: unha caixa de doces.
Linda está facendo moitos ‘selfies’ coa súa tableta.
Tutu e os seus amigos van preocupados á casa de Tupa para contar cada un o seu pesadelo.
As galletas de Tupa están tan boas que todo o mundo quere repetir.
Tupa fixo unha torta e deixouna arrefriar na fiestra, pero cando volve por ela, a torta desapareceu.
Tupa le aos nenos un libro sobre unha árbore que fala.
Tutu e os seus amigos están aburridos e deciden organizar un concurso de disfraces.
O prado amenceu cheo de flores e Tutu e Rafa xogan con elas.
Tupa fixo unha riquísima torta de chocolate e os nenos intentan repartila, pero é moi difícil.
O espertador de Nina non para de soar, pero ninguén pode apagalo porque non o atopan.
Tutu e Rafa están xogando un partido de baloncesto e Nina quere xogar, aínda que sexa de pelota.
Tupa preparou a merenda e puxo un cartel en cada prato para que os nenos saiban cal é a súa ración. O problema é que Nina non sabe ler e come toda a comida dos seus amigos.
Fante sabe facer algo marabilloso: asubiar!
Tutu, Rafa e Nina xogan á pelota no prado.
Tutu e os demais soben ao outeiro de Fante e el non está, pero deixou... a maleta máxica!
A horta de Tupa está chea de deliciosas verduras coas que se poden cociñar moitas cousas.
Tupa está moi enfadada porque os paxariños comen as sementes no seu xardín.
Fante está cantando no alto do seu outeiro e faino xenial.
Todo está cuberto de neve… e o río non se move!
Linda está saltando á corda no seu curraliño. Tutu e Rafa queren intentalo tamén.
No mundo de Tutu hoxe fai moito frío e todo o mundo treme moito, menos Linda.
Con todo o prado cuberto de neve, é o día perfecto para xogar e facer... un boneco de neve!
Tutu e os seus amigos, coa axuda de Tupa, preparan unha morea de adornos para decorar a árbore.
Fai moito frío e Nina vai moi desabrigada, así que acaba enferma.
A rapazada xoga a patinar sobre xeo e decide facer unha carreira.
Fante ensínalle a Tutu e aos seus amigos o que é reciclar.
Tutu e Rafa andan polo bosque e atopan unha ovella que non fala nada!
Tutu
Aventureiro, divertido e, sobre todo, curioso. Así é Tutu, un pequeno canguro motorizado ao que lle encanta xogar e explorar o mundo cos seus amigos Rafa, unha xirafa en patíns, Nina, unha pulga inquieta e divertida e Linda, unha ovelliña que vive pegada á súa tablet. Cun pouco de imaxinación e axuda dos maiores, Fante, un elefante gentleman, e Tupa, unha avoíña cariñosa e algo gruñona, Tutu e os seus amigos resolven cada día un novo problema.